ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

San Xoán de Río desfrutou do seu mellor entroido en anos e xa pensa en superalo en 2019

O entroido de 2018 estaba marcado como un punto de inflexión para que San Xoán de Río poida figurar nun futuro no mapa de concellos con Entroidos que todo o mundo debe visitar. Só a chuvia impedíu unha xornada perfecta, coa que todo o mundo rematou contento e na que a organización xa pensa dar o salto de calidade do 2019 cunha aposta moito mais potente que este ano enchendo San Xoán de Río de fulións e creando o Fulión RíoMola para aparte, participar no resto de entroidos da zona.

O entroido comezou no Centro Social da localidade, donde os mais pequenos puideron desfrutar dunha gran festa de disfraces para rematar cunha gran chocolatada coa que quentar o corpo neste frío e chuvioso día.

Tralo remate do Entroido infantil, era o turno dos Fulións. Muitos veciños de diversos barrios puxeronse en contacto coa organización para intentar que o fulión pasase pola súa zona a cambio de servirlle uns pinchos aos artistas. Mais a chuvia fixo acto de presencia e obligou a organización a modificar o trazado da ruta.

O Concello foi o encargado de invitar ao fulión mais colorido e festeiro do país, o Folión da Caniceira, que foi quen partiu en primeiro lugar polas rúas de Río. A continuación, invitados pola AC Ríomola desfilou o Fulión da Lardeira, de Piñeiro (San Fiz), tamén de Trives. A altura do antigo Bar Corredoiro, pola intensa chuvia decidiuse modificar o trazado previsto pola organización para protexer os bombos da humidade e deuse media volta para continuar a foliada no pavillón da localidade. Alí ambos fulións fusionaronse nun so e durante mais de unha hora tocaron sen descanso para desfrute do público presente.

Rematada a fuliada, o Bar Cruceiro encheuse cos 2 fulións para desfrutar de pinchos e bebida ata fartar e deixar contentos tanto a ambos fulións como ao numeroso público que asistíu a este folión. Tralo fulión e coa satisfacción do traballo ben feito a xente de San Xoán de Río deixou 2 titulares que teremos que ver se se cumpren:

O primeiro é comezar xa a traballar para ter o ano que ven un entroido potente e un día de Fuliada no que xuntar en San Xoán de Río mais dunha ducia de Fulións.

O segundo é a creación dun Fulión, o primeiro da localidade de San Xoán de Río, para que a xente que queira do concello súmese e participe e poida desfrutar como participe dos entroidos das vilas veciñas.

Só o tempo dirá se se cumpren estas dúas propostas, mais este entroido pode ser o xérmolo de algo moi potente.

Texto e fotos: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button