CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

San Xoán de Río, localidade vikinga por un día

Nesta xornada de sábado, 8 de agosto, tivo lugar unha recreación cultural desta época histórica

 

Nesta xornada de sábado, 8 de agosto, San Xoán de Río converteuse nunha localidade vikinga. Así, tivo lugar unha xornada cultural de recreación vikinga.

A coordinadora da actividade e educadora social, Paula Rodríguez Rivera, explica que “eu o que quería cando plantexamos isto era ensinar o que facían os vikingos, fuxindo un pouco dos estereotipos dos vikingos con cornos e de guerra”.

Así, Paula Rodríguez anima a toda a xente de San Xoán de Río a achegarse á actividade, xa que está orientada a pequenos e maiores, “pola mañá fixemos chaveiros con runas, e pola tarde temos obradoiro de lámpadas vikingas con arcillas”, apunta.

 

Participantes e monitores da actividade.

 

Ademais, fai unha valoración positiva da actividade, “San Xoán de Río é o meu pobo e quería que estivera aquí. Somos catro persoas de Ourense e gustaríame facer desto nos próximos anos algo máis grande de máis dun día, algo máis cultural e traer xente ao pobo”, recoñece.

Pola súa banda, Álex, historiador que forma parte da organización da actividade, explica que “tentamos traer as cousas que usaban na época, utilizando réplicas como é lóxico. Sobre todo trouxemos teas, armamento, ferramentas de protección como cascos, escudos e demáis para que a xente o vexa. Tamén trouxemos túnicas, a roupa da época, como se fabricaba o calzado…”

 

Durante unha das actividades.

 

Recorda tamén que “as incursións vikingas en Galicia eran moi comúns e iso moi pouca xente o sabe”. Así, explica que quixeron centrar a actividade na parte social, xa que a guerra, aínda que estea mal interpretada, todo o mundo pode vela nas series ou películas. Pero esquécese a parte social, a parte dos obradoiros artesáns. Estase perdendo e tampouco cambiou tanto dende que o facían eles no século XII, IX ou X ata a época das nosas avoas”. O historiador busca que a concepción dos vikingos como bárbaros con cornos cambie, “era xente intelixente, que sabía de navegación, de cartografía… non vivían na escuridade”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button