OurenseÚltima hora

San Xoán de Río súmase ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de emitirse un comunicado no que esta administración local manifesta a súa adhesión a este “25 de Novembro ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e pola Non Violencia de Xénero”.

Neste texto o Concello sina que “hoxe máis ca nunca parece necesario unir forzas entre tod@s para loitar contra unha lacra social que, lonxe de ser unha cousa do pasado, segue formando parte da máis triste actualidade. Sen dúbida, axentes políticos, educativos e sociais debemos unirnos para mostrar a nosa máis absoluta repulsa contra calquera forma de violencia contra as mulleres e por razóns de xénero. Tamén queremos manifestar a nosa máis absoluta solidariedade con todas as vítimas que se viron afectadas por este tipo de violencia, unha violencia que non só debemos recoñecer que existe, senón que, ante todo, debemos combater até a súa erradicación”.

Asemade dende o Concello asegúrase que “San Xoán de Río aposta firmemente pola concienciación social respecto do problema e, sobre todo, por conseguir que o noso sexa un concello libre de Violencia contra as mulleres. É un reto para tod@s. Un reto que debemos afrontar mediante a toma de conciencia, a denuncia e un estado de alerta permanente contra un problema que afecta a tod@s. NON á VIOLENCIA contra ás MULLERES. NON á VIOLENCIA de XÉNERO”.

 

Artigos relacionados

Back to top button