
Seguen chegando boas novas para a comarca de Valdeorras. Todo traballo ten a súa recompensa e dende o IES Lauro Olmo do Barco informan de que unha das súas alumnas, Sandra López Pérez, ten o “mellor expediente do Barco empatada a puntos co alumno do IES Cosme López da Rúa, como mellor expediente de Valdeorras”.
Ambos os dous recibirán o galardón co que o Clúster da Pizarra premia cada ano aos mellores alumnos e alumnas polo seu esforzo.



