SanidadeÚltima hora

Sanidade activará a partir do luns o sistema de autocita para vacinarse do Covid

Irá destinado a "menores de 30 anos con necesidades específicas" e a repescas de menores de 40 anos

 

A partir do vindeiro luns a Consellería de Sanidade activará un sistema de autocita para a vacinación contra o Covid. “En principio, vai ser para persoas que teñan algún tipo de necesidades específicas para adiantar a súa quenda de vacinación, falamos de estudantes de Eramus, por exemplo, ou de xente que por motivos laborais necesitan adiantar a cita. A nosa idea é manter unha franxa de idade, que podería estar no rango de 35-39 anos, con cita forzada; e por debaixo de 35 anos deixar algúns ocos para esa autocita. E tamén este sistema de ocos podería servir para os que xa pasaron o seu momento de vacinación e non viñeron polos motivos que sexan, o que chamamos repesca. Polo tanto, son dúas cousas que veñen en paralelo; a cita forzada, prioritaria e maioritaria, e ocos de autocita para xente que non estea no oco da cita forzada”, tal e como explicaba esta mañá en Ourense o conselleiro de Sanidade, Julio García.

Ademais, o conselleiro concretaba que no referente a autocita “falamos de maiores de 18 anos, pero sen descartar que sexa tamén maiores de 12. Onoso maior obxectivo que é seguir baixando por idade, porque está claro que a idade é noso maior factor de risco en caso de contaxio de Covid e en caso de complicacións”, matizaba.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button