SanidadeÚltima hora

Sanidade limita a 10 as reunións de non conviventes no exterior e a 6 no interior da hostalaría

Ademais recomendan que nos domicilios tamén se manteñan estes límites

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa desta mañá.

 

“Mascarilla, distancia e hixiene de mans”, son segundo o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña as claves para manter a raia o coronavirus. “Estábamos nun camiño de recuperación pero temos que facer unha paréntese”, aseguraba esta mañá durante a comparecencia para dar conta das descisións tomadas polo Comité Clínico na reunión de onte pola tarde, señalando que a incidencia acumulada a 14 días en Galicia é de 210,38. “Un dato bo comparado co resto do Estado, pero malo en comparación á situación na que estaba a comunidade” que conta cun millón e medio de vacinados, indicou o conselleiro.

“A incidencia acumulada se dispara e polo momento non os ingresos hospitalarios. Hai cinco personas menores de 40 anos que están en unidades de críticos”, explicó Comesaña en su intervención. Invita a seguir usando la herramienta de cumplir las normas anticovid. “Sabemos cales son as pautas”, recalca el conselleiro.

Con respecto ao número reprodutivo de contaxios, a doutora Durán asegura que segue por riba do 1, explicando que “Galicia incrementou a incidencia acumulada 142 a 7 e 210 a 14 días”. Indica que a porcentaxe de positiva na comunidade é de 6,09, un punto por riba do que se marca como cifra de risco. “A área sanitaria de Ourense ten unha taxa de incidencia de 278’5 a sete días e de 352 a 14 días. A máis alta da comunidade”, sinala Carmen Durán engadindo que crece a afectación do variante Delta. “Hai confirmados 494 casos confirmados nesta cepa do coronavirus”.

Durán sinala que era necesario axustar os limiares das restricións porque a situación é diferente agora á de antes de decembro. Entre os motivos, a vacinación. A outra é a idade dos casos que se rexistran agora, máis novos que en anteriores ondas. Durán pide manter as medidas habituais ao longo da pandemia: máscaras, distancia social e hixiene de mans.

Galicia dá así  “un paso atrás” na desescalada tras a explosión de contaxios das últimas semanas e os grupos na hostalería volverán estar limitados a dez persoas nas terrazas e a seis no interior, unha obrigación para este tipo de establecementos pero que tamén se traslada como unha “recomendación” no ámbito privado.

Para os concellos que non están en nivel alto e manteñen aberto o lecer nocturno, todas as persoas que accedan aos locais terán ademais a obrigación de presentar unha proba PCR negativa ou un certificado de vacinación, pero esta medida, como precisou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non será obrigatoria ata o vindeiro martes, polo que esta fin de semana só pedirase nos concellos cun nivel de incidencia medio (e non medio baixo).

No que se refire a grandes eventos, o conselleiro explicou que non se descarta que nalgúns concertos, como se fixo noutras comunidades, se solicite acceder cun test negativo ou o certificado de vacinación. Polo momento Sanidade non tomou unha decisión ao respecto.

Artigos relacionados

Back to top button