CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Santa Cristina in musica”, unha proposta artística diferente en Parada de Sil nesta fin de semana

Este sábado actuará o acordeonista Iñaki Alberdi e o día 30 ofrecerán un concerto María Bayley e Pedro Sousa

Interior do templo do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

 

A música do acordeonista Iñaki Alberdi soará o vindeiro 23 de setembro ás 19h. no interior do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil). A súa actuación leva por título “Suite diacrónica. Unha viaxe a través do tempo das danzas populares”.

Este músico, que ten actuado en salas como o Auditorio Nacional (Madrid), o Teatro A Fenice (Venecia) ou o Teatro Colón de Buenos Aires, será un dos participantes no proxecto “Santa Cristina in musica. Un diálogo musical na Ribeira Sacra”, que se desenvolverá o 23 e o 30 de setembro.

Así, na xornada do 30 tamén ás 19h. no mosteiro está previsto un concerto de María Bayley (voz, arpa, clavecín e órgano) e Pedro Sousa (frautas), que ofrecerán ao público unha polifonía portuguesa sobre cánticos e cancións.

 

Máis información en: http://santacristinainmusica.eventbrite.com

Artigos relacionados

Back to top button