ConcellosÚltima hora

Santiago Macías presentará en Rubiá unha edición ampliada do libro “El monte o la muerte”

O acto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 19h. na Casa da Cultura desta vila valdeorresa

 

O coñecido guerrilleiro leonés Manuel Girón Bazán é o protagonista de “El monte o la muerte. Manuel Girán y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra”, unha obra que Santiago Macías publicaba alá polo 2005 e que agora volve saír do prelo nunha cuarta edición “ampliada con capítulos e documentos inéditos”.

Este libro será presentado polo autor o vindeiro sábado 15 de febreiro ás 19h. na Casa da Cultura de Rubiá. Este volume conta con limiares do escritor Julio Llamazares e de Joseph Girón-Bazán.

Artigos relacionados

Back to top button