En portadaÚltima hora

“Santoalla”, filme sobre o holandés desaparecido en Petín, abrirá o 21 OUFF

É a ópera prima dos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer e poderá verse o 28 de outubro
Fotograma do filme "Santoalla".
Fotograma do filme “Santoalla”.

Chegaban a terras valdeorresas, e máis en concreto ata Santoalla (Petín), e decidían quedar e facer deste pobo, no que Chano Piñeiro rodaba “Sempre Xonxa”, o seu fogar. Dese xeito, Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses progresistas, vían cumprido o seu soño de vivir ao carón da natureza e lonxe da cidade. Sen embargo, tras asentarse alí os acontecementos non discurrían como eles esperaban e xurdían complicacións coa única familia residente na localidade que remataban, anos despois, coa misteriosa desaparición de Martin.

A historia desta parella de holandeses recóllese en “Santoalla”, o filme documental co que abrirá o pano o 21 Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) o vindeiro 28 de outubro no Auditorio de Ourense. Trátase da ópera prima dos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer.

Imaxe da película "Pedro Páramo".
Imaxe da película “Pedro Páramo”.

Dende a organización do 21 OUFF tamén se daba a coñecer o título da longametraxe que porá o broche a esta edición o 4 de novembro. Será “Pedro Páramo” (Carlos Velo, 1966), un filme de drama e fantasía baseado na coñecida novela homónima de Juan Rulfo que, tras seis anos de preparación, foi presentado en 1967 no Festival de Cannes. Con esta proxección (dunha copia en 35mm cedida pola Filmoteca UNAM) o OUFF busca renderá a súa particular homenaxe á figura do ourensán Carlos Velo.

Artigos relacionados

Back to top button