CulturaCulturaÚltima hora

Sarabela Teatro achega a Quiroga o seu “Conto Express”

A obra de teatro terá lugar este sábado 18 de marzo ás 19h. na Casa da Cultura
Imaxe promocional da obra “Conto Express”.

Co gallo da conmemoración do Día da Poesía, a Biblioteca Pública do Concello de Quiroga ten programado para este sábado 18 de marzo, a obra infantil “Conto Express” da man de Sarabela Teatro. Durante o acto, Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan aos seus amigos e preparar saborosas receitas.

A actividade forma parte do programa da Xunta Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia no que participa o Concello de Quiroga e  desenvolverase a partires das 19h. no salón de actos da Casa da Cultura.

 

Artigos relacionados

Back to top button