
A máxica Noite de San Xoán vivirase intensamente en moitas localidades e establecementos. Un deles é o Agarimo Tapería, no Barco de Valdeorras, que ten preparada unha boa festa para celebrar a noite máis curta do ano.
A partir das oito da tarde haberá sardiñas (1,50€), chourizos (2,50€) e cañas (2€) ademais dunha queimada gratis para os asistentes co conxuro a cargo de Aurelio Blanco Trincado.
As reservas, limitadas a 150 persoas, poden facerse no propio local ou chamando ao 681 903 653.