ConcellosÚltima hora

Sarreaus, Sandiás e Trasmiras (A Limia) mercan un tractor para a prevención de lumes

Esta adquisición foi feita grazas a 70.000 euros dos Fondos de Compensación Ambiental (FCA) da Xunta de Galicia
A máquina ten incorporados protectores e coitelas para a roza dos terreos.

A agrupación de concellos de Sarreaus, Sandiás e Trasmiras recibiron unha subvención de preto de 70.000 euros dos Fondos de Compensación Ambiental (FCA) da Xunta de Galicia para a mellora do servizo de protección ambiental, así como para previr situacións de risco.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe o concello de Sarreaus para coñecer de primeira man os resultados desta colaboración mantida entre a Administración autonómica e as entidades locais.

Grazas a este financiamento, os concellos adquiriron un tractor con equipamento de protección e coitela frontal para labores de prevención de incendios forestais, xa que os desbroces que se poden acometer con este tractor son unha importante medida preventiva dos lumes.

Dende a Xunta lembran que a pasada semana publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias para este exercicio do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, superando entre ambas os 13 millóns de euros.

Artigos relacionados

Back to top button