ConcellosLaroucoÚltima hora

Seadur (Larouco) celebrará, en galego, a Festa da Nosa Señora do Rosario o 7 de outubro

Ese día bendecirase o futuro “Fogar de acollida Padre Seixas”

Da man dun veciño, a localidade valdeorresa de Seadur, no concello de Laouco, recuperará este ano a celebración da Festa da Nosa Señora do Rosario.

Será o vindeiro 7 de outubro e o programa comezará ás 11 horas coa bendición e inauguración do futuro “Fogar de acollida Padre Seixas” en memoria de Xaime Seixas Subirats (Santiago, 1915-Valladolid, 1994), relixioso da orde Xesuíta, de fortes conviccións democráticas e profundo defensor da lingua e cultura galegas. Unha hora máis tarde (12h.) terá lugar a procesión na honra da Virxe acompañada por gaiteiros, e de seguido a misa solemne, en galego, presidida polo Pai Ramiro dos Ancares que vén expresamente para a celebración.

 

Artigos relacionados

Back to top button