AutomobilismoDeportesÚltima hora

Sébastien e Michael Hernández, pilotos de orixe valdeorresa, no P5 do campionato europeo de resistencia

 

Desde a súa creación en 2019, a Ultimate Cup Series atopou o seu lugar no panorama do Motorsport cunha fórmula que combina Endurance e Sprint, nos circuítos máis míticos.

Entre os 200 coches reunidos nos paddocks, varias marcas de prestixio: Porsche, Ferrari, Aston Martin, Lamborghini, Mercedes, Corvette, Alpine, Ligier, Peugeot, Renault,… e entre os pilotos nomes coñecidos do motor, pero tamén do público en xeral, compiten na pista, entre eles o piloto francés con orixes en Valdeorras Sébastien Hernández e o seu irmán Michael (Team Peugeot Poissy) que veñen de correr no Circuíto de Magny Cours (Francia), co seu Peugeot 208.

 

 

Mítico circuíto da Fórmula 1, os pilotos da Ultimate Cup Series loitaron nas 18 curvas. Cunha lonxitude total de 4.411 metros a pista presenta un desnivel duns trinta metros con zona de baixada seguindo a liña de saída na Gran Curva ata a conca de Estoril e aí os irmáns Hernández terminaba no P7 de 19. “Estamos no P5 deste campionato europeo”, di Sébastien.

A tempada 2023 da Ultimate Cup Series rematará na fin de semana do 24 ao 26 de novembro onde comezou: na mítica pista de Castellet, creada en 1970 por Paul Ricard. O circuíto co mesmo nome, tamén coñecido como Circuit du Castellet, está situado no sur de Francia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button