PolíticaÚltima hora

Secundino Fernández, novo voceiro do BNG en Viana do Bolo

Graciela Diéguez foi elixida como responsable local da formación

 

De cara a afrontar o traballo político e social nesta nova etapa, a asemblea local convocada ao efecto polo BNG de Vianda do Bolo acordaba a finais de setembro elixir a Secundino Fernández, alcalde do municipio ata o 1 de setembro, como voceiro do grupo municipal. A responsable local será Graciela Diéguez, ex concelleira de cultura e “grande coñecedora da organización e por suposto de Viana e das súas problemáticas”, asegura Secundino, agradecendo ao anterior responsable Manu Diéguez “a súa grande dedicación e traballo nestes anos”.

O xa novo voceiro asegura que a asemblea local avaliou o “grande e positivo labor feito no goberno municipal” e “analizou e definiu a estratexia e o traballo a realizar para o presente e o futuro nesta situación que trouxo a traizón cometida as veciñas e veciños de Viana do Bolo”. Tamén destaca que é importante fortalecer a organización “quedou claro que a toda a militancia, simpatizantes, todo o BNG está disposto a traballar duro para desenmascarar os intereses escuros dos asinantes da moción de censura. Todo o BNG está disposto ao traballo e con gañas para que no 2023 voltamos a estar no goberno para continuar coa laboura e co traballo na resolución dos problemas de Viana. Estamos dispostos a asumir o reto”, conclúe lembrando que “as veciñas e veciños de Viana do Bolo sempre contarán co BNG para defender os intereses comúns da veciñanza, seguimos a sua disposición”.

 

Secundino Fernández con Graciela Diéguez.

Artigos relacionados

Back to top button