CulturaCulturaÚltima hora

Segredos de Pantón presenta o seu programa de verán “Cultiva Cultura 2021”

 

A Asociación Segredos de Pantón organizará, por segundo ano consecutivo, un completo programa de actividades de verán co título “Cultiva Cultura 2021”. Os actos enceteranse o 25 de xullo cun Paseo por Moreda, “un paseo pola historia e por esta fermosa freguesía moitas veces esquecida”, din os organizadores. Todas as actividades terán un custo de 2 euros e aforo limitado a un máximo 20 persoas, agás a charla no salón de actos, onde será 38 o máximo de persoas e o acceso será de balde.

Despois, o 30 de xullo, Miguel García Fernández, natural do municipio de San Xoán de Río, dará unha charla co título de “As señoras, abadesas e monxas de Ferreira de Pantón: mulleres con poder ao redor do monacato medieval galego”, no Salón de Actos do Edificio Sociocultural.

Entre outra propostas, o 14 de agosto farase a “Noite de Morcegos”, da man da bióloga Ledicia Santos, de Morcegos de Galicia, “onde coñeceremos máis sobre os morcegos e tentaremos observalos no seu hábitat, tentando saber máis sobre estes veciños nosos”. Será no lugar Poboado da Chaira (Exteriores).

Os actos continuarán en setembro cunha visita ao forno de cal do Cotillón e cunha ruta polo val do río Ferreira.

Artigos relacionados

Back to top button