A RúaConcellosÚltima hora

Seguen baixando os casos activos de Covid-19 na Rúa cun total de 13, dous menos que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha xornada máis mantense á tendencia á baixa no número de positivos de Covid no municipio da Rúa. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello rues, son 13 os casos activos rexistrados neste martes 9 de febreiro, dous menos que onte.

Así e todo os novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días son 16, segundo a información do Sergas e a incidencia acumulada para este concello segue sendo de >250.

 

Artigos relacionados

Back to top button