En portadaÚltima hora

Seguen medrando os ingresos de Covid no Hospital de Valdeorras

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso os ingresos de coronavirus no Hospital Público de Valdeorras. Son xa 8 as persoas hospitalizadas en planta neste centro, unha máis que na xornada de onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade, actualizados ás 18h. do 17 de decembro. Tamén medran os ingresos en Hospital de Verín tcon 6 en planta (1 máis que onte), mentres que o Hospital Universitario de Ourense ten 22 en planta (2 menos que onte) e 2 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

Ademais repunta a curva dos casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Hai nun total de 480 positivos (22 máis que onte), dos cales 36 están hospitalizados en planta (os mesmos que onte) e 2 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Repuntan así mesmo os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 49 (fronte aos 42 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.072, con 7.287 curados e 304 falecidos (o último rexistrábase onte no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense). Polo de agora lévanse realizado 127.095 probas PCR e 66.330 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button