SanidadeÚltima hora

Seguen subindo os casos activos de Covid na provincia, cun total de 424

O Hospital do Barco segue con 4 ingresos, o de Verín con 2 e o de Ourense ten 28

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha xornada máis, continúa o repunte de casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. A provincia cruzaba onte a barreira dos 400 e hoxe sitúase nun total de 424 positivos (21 máis que onte), dos cales 32 están hospitalizados en planta e 2 na Unidade de Coidados Intensivos. Os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas soben ata os 48, segundo os datos da Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 12 de decembro).

No Hospital de Valdeorras hai catro ingresos en planta, os mesmos que onte, mentres o Hospital de Verín segue con 2  ingresos e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 26 en planta e 2 na Unidade de Coidados Intensivos.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.899, con 7.172 curados e 301 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 123.121 probas PCR e 65.812 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button