En portadaÚltima hora

Seis detidos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación

A Garda Civil realizou cinco rexistros domiciliarios, onde se incautaron varias armas

Publicidade

 

Na xornada deste mércores 24 de marzo eran detidas en Ourense detidas seis persoas como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación nunha vivenda de Pereiro de Aguiar (Ourense) e como presuntos autores de tenencia ilícita de armas: tres veciños de Ourense; un veciño do Pereiro de Aguiar; un veciño de Paderne de Allariz e outro de Maceda.

Tal como explican dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense, os feitos tiñan lugar o día 20 de setembro de 2020 nun domicilio en Pereiro de Aguiar, onde seis encapuchados asaltaron no exterior da vivenda á propietaria, obrigándoa a entrar e tras ameazala, apoderáronse de 8600 euros en efectivo, xoias e un computador, ascendendo a 15.000 euros o total do subtraído. A Garda Civil iniciaba entón unha investigación que daba como resultado a detención de seis persoas implicadas no roubo.

As detencións eran realizadas pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, apoiados por axentes de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Ourense e polo Grupo de Reserva e de Seguridade da Garda Civil de Pontevedra, que posteriormente procedían a realizar cinco rexistros domiciliarios nas localidades de Ourense,O Pereiro de Aguiar, Maceda e Paderne de Allariz, onde se incautaron tres armas longas e dúas armas curtas.

Os detidos eran postos a disposición do Xulgado de Instrución Nº 1 de Ourense pero a operación continúa aberta.

Artigos relacionados

Back to top button