EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Seis dos viños premiados na Cata de Galicia, nunha maridaxe en Madrid Fusión

Nesta actividade, dirixida polo sumiller Alejandro Paadín, maridábanse cos queixos seleccionados coa distinción de ouro nas Catas dos queixos de Galicia 2020

 

Os produtos galegos de calidade agroalimentaria tiveron presenza en Madrid Fusión 2021. Algúns dos mellores viños e queixos de Galicia, das diferentes denominacións de orixe, foron os protagonistas dunha cata comentada dentro do espazo “Wine Ediction” deste foro gastronómico.

A Xunta, a través da Axencia Galega da Calidade Alimenaria (Agacal), xunto coa Axencia Turismo de Galicia, programou este evento para poñer en valor estes produtos. Así, fíxose unha maridaxe entre os viños premiados cos acios de ouro na pasada edición Catas dos Viños de Galicia 2020 e os queixos seleccionados coa distinción de ouro nas Catas dos queixos de Galicia 2020. Ambos certames están promovidos pola Consellería do Medio Rural, en colaboración cos diferentes consellos reguladores destes produtos.

 

Alejandro Paadín, nun dos momentos da cata, cos viños seis viños presentes na mesma.

 

O encargado de dirixir a cata, na que participaron unhas 40 persoas, foi Alejandro Paadín, autor, xunto con Luis Paadín, da “Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2020 – Paadin”. Os asistentes foron convidados pola Agacal tendo en conta a súa relación cos sectores da produción, a distribución e a venda de viños de calidade.

Os viños escollidos para este evento foron seis, seleccionados de entre os premiados cos acios de ouro nas Catas de Galicia 2020, que representan ás cinco denominacións de orixe galegas e na que tamén estaban os premiados como mellor branco e mellor tinto de Galicia 2020.

Ademais, os asistentes a esta maridaxe levaban como agasallo un bote no que se representaba tres solos das principais zonas de elaboración de viños de calidade galegos: a lousa de Valdeorras, xisto de Monterrei e xabrego do Ribeiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button