A RúaConcellosÚltima hora

Seis establecementos hostaleiros da Rúa adhírense ao convenio co Concello para aloxar a peregrinos

Peregrinos ao seu paso pola Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Pillabán, Hostal Niza, Pensión Fabio, Casa Rural Pacio do Sil, Hotel Espada e Berna. Son os establecementos hostaleiros adheridos ao convenio de colaboración co Concello da Rúa para dar aloxamento aos peregrinos do Camiño de Inverno trala reactivación do Camiño de Santiago neste ano Xacobeo.

O convenio xa se puxera en marcha o ano pasado para ofrecer ao peregrino “unha estancia económica mentres que o hostaleiro recibe ingresos”, en palabras do alcalde da Rúa Álvaro Fernández, e foi ratificado no pleno do mes de marzo, entrando de novo en vigor trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Esta iniciativa, reactivada a pasada semana, serve para que os peregrinos teñan un aloxamento seguro xa que, tal como explicaba o alcalde no Pleno, a capacidade do albergue (que aínda non está aberto) non se axusta ás medidas sanitarias necesarias pola pandemia do Covid.

O orzamento previsto para este convenio é de 5.000 euros con cargo á partida orzamentaria 433.47 dos orzamentos do Concello da Rúa para o exercicio 2021 e a contía da subvención será de 8 euros por reserva de estancia en establecemento hotaleiro.

As bases do convenio poden consultarse aquí: BOP

 

Artigos relacionados

Back to top button