DeportesKárateÚltima hora

Seis karatecas do River Stone (O Barco) participarán no campionato de España Infantil, en Córdoba

Karatecas do River Stone antes de saír ao tatami no campionato galego./ Foto cedida.

 

Os pequenos do Karate Club River Stone non deixan de dar alegrías. Non só traballan e desenvolven un bo papel nas probas autonómicas ás que se presentan senón que veñen pisando forte e varios deles participarán no campionato de España infantil.

En total son seis os karatecas valdeorresas seleccionados para defender a bandeira galega na competición que se celebrará do 22 ao 24 de abril en Córdoba. En benxamín, competirán Manuel Blanco Blanco e Leyre Paradelo Ambrinos; en infantil, Nazan Barreda Fernández, Aina Moral Castro e Cloe Yáñez González; e en xuvenil, Hugo Álvarez Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button