DeportesÚltima hora

Seis karatekas valdeorreses participarán no campionato de España CD/JR/SUB 21

O nacional de karate celebrarase os días 17 e 18 de novembro en Santiago de Compostela
Os karatekas do River Stone que participarán no campionato nacional, do adestrador Nicolás Rodríguez./ Foto cedida.

Un total de 46 karatekas galegos están convocados pola Selección Galega de Karate para participar no campionato de España CD/JR/SUB 21 2017 que se celebrará os días 17 e 18 de novembro en Santiago de Compostela.

Entre eses desportistas hai seis membros do Club River Stone do Barco de Valdeorras, que, adestrados por Nicolás Rodríguez e despois da súa boa actuación no campionato galego celebrado en Ferrol, loitarán por facerse con algunha medalla. Lucía Herrero Valcarce competirá en kata e en kumite -54kg. cadete; Alejandro Murias Tarazaga, en kata cadete; Juan Herrero Valcarce, Luis Martínez González e Jorge Amigo Nieto, competirán de forma individual en kata júnior e tamén por equipos en cadete-júnior (Juan Herrero tamén loitará por unha medalla en kumite júnior +76kg); e Iago Fernández Prada competirá en kumite cadete +70kg.

Artigos relacionados

Back to top button