DeportesKárateÚltima hora

Seis medallas para o Karate Club River Stone do Barco no galego absoluto e de clubs

O equipo valdeorrés lograba un ouro, dúas pratas e tres bronces no campionato celebrado este domingo na Coruña

 

O karate valdeorrés en xeral e o River Stone en particular, segue de noraboa. Apenas unha semana despois de que o responsable do equipo, o karateka Nicolás Rodríguez, fose nomeado seleccionador galego de kata, o seu club lograba seis espectaculares medallas no campionato galego de karate absoluto e de clubs ‘Concello de A Coruña’ celebrado este domingo 13 de febreiro no polideportivo municipal do Barrio das Flores.

Dúas pratas e un bronce eran para a categoría absoluta. O propio Nicolás Rodríguez era segundo na categoría veteranos de kata; Lucía Herrero era segunda en kumite +55kg; e Lena Álvarez terceira na categoría sénior de kata.

 

Membros do KC River Stone na Coruña.

 

O ouro chegaba na competición de kata por clubs, da man do equipo infantil mixto (River Stone 3) formado por Nazan Barreda, Pablo Prada e Jose Carrera. Tamén por equipos, o benxamín-alevín mixto (River Stone 2) formado por Diego López, Eiden Barreda e Raúl Pérez lograba outra medalla de bronce; e o benxamín-alevín mixto (River Stone 1) formado por Manuel Blanco, Leyre Paradelo e Éric Rodríguez, a terceira de bronce.

Aínda que desta volta non lograron medalla, nesta competición tamén participaron Cloe Yáñez, Aina Moral, Diego Prada (infantil mixto River Stone 4); Brian Rodriguez, Héctor Amaro e Diego Fernández (River Stone 5); e Carla Peña, Fuensanta Blanco e Nuria Pérez (River Stone 6). A nivel individual tamén competiron Abdón Yáñez en veteranos e Tania Fernández en sénior.

Artigos relacionados

Back to top button