DeportesÚltima hora

A Semana do Baile Deportivo “Ou18” reunirá en xuño en Ourense a 500 bailaríns do mundo

As vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García, dixo que será “un éxito”
Juan Manuel Fernández e Isabel García.

“Ou18 será un éxito”. Con estas palabras cualificou a vicepresidenta do Comité Olímpico Español, Isabel García Sanz, a “Semana do Baile Deportivo Ou18” que se celebrará en Ourense entre o 22 e o 24 de xuño de 2018. A vicepresidenta visitou o stand no que o evento ourensán se promocionou durante a Dance Sport Cup, celebrada esta fin de semana en Benidorm e onde foi recibida polo organizador de “Ou 18” e presidente do Club Deportivo Moovett, Juan Manuel Fernández Nóvoa. A Dance Sport Cup é unha competición internacional cun “World Open” na que participaron máis de 500 bailaríns de todo o mundo.

Continúa así a promoción da “Semana do Baile Deportivo Ou18”, un evento organizado entre a Federación Española de Baile Deportivo, Expourense e o Clube Deportivo Moovett e que conta co apoio da Deputación. Celebrarase entre as instalacións do recinto feiral e as do pavillón Paco Paz. Esta semana do baile integra varias competicións de rango internacional como: Campionato de España da Modalidade de Bailes Latinos 2018, Campionato de España de Danza Coreográfica 2018, Campionato de España de Bailes Caribeños 2018, Campionato de España de Hip Hop 2018, Campionato de España de Line Dance 2018, Campionato de España “A” Latinos e Estándar, Trofeo Nacional Ourense Provincia Termal 2018, Copa Promoción Latinos e Estándar 1ª Territorial e C, Congreso Internacional de Baile Ourense Provincia Termal 2018, Congreso Anual de Xuices das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018, Congreso Anual de Técnicos das Especialidades de Estándar, Latinos, Danza Coreográfica e Bailes Caribeños 2018; Campus de Verán do Equipo de Técnificación 2018.

Artigos relacionados

Back to top button