En portadaÚltima hora

Semana de recoñecementos para os viños valdeorreses en concursos nacionais e internacionais

Imaxe dunha copa de godello da D.O. Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Os viños da Denominación de Orixe Valdeorras veñen de sumar novos recoñecementos nesta primavera en diferentes concursos de renome, . Isto “é unha indicador clave de que o sector vitivinícola valdeorrés está a realizar un bo traballo”, asegura o presidente do consello regulador desta denominación, José Luis García Pando. Así, diferentes referencias e adegas amparadas baixo o selo de calidade da D.O. foron distinguidas esta semana nos Premios Bacchus; nos Premios Vinespaña e no Challenge International du Vin.

Así, nos Premios Bacchus resultaban premiadas catro referencias doutras tantas adegas na categoría “ouro”: A Coroa de Adega A Coroa S.A. T; Joaquín Rebolledo Leira Trasdairelas de Joaquín Rebolledo S.A.; O Luar do Sil Vides de Córgomo de Pago de los Capellanes S.A. e Fardelas de Santa Marta S.A. T.

Por outra banda, nesta mesma convocatoria de premios e na categoría de “prata” distinguíase a cinco referencias valdeorresas: Agoreira de Adegas Terrae S.L.; Guitián sobre Leas de Adegas A Tapada S.A. T.; O Luar do Sil Godello sobre Lías de Pago dos Capeláns S.A.; Codos de Loranco de Viña Costeira SCG e Neno de Viña Somoza Adegas e Viñedos S.L.

Tamén nesta semana, nos Premios Vinespaña 2022, outorgados pola Federación Española de Enoloxía ( FEAE) distinguíronse con “ouro” Hacienda Ucediños Godello de Hacienda Ucediños S.L.; Joaquín Rebolledo Godello de Joaquín Rebolledo S.A., Viñaredo Godello de Bodegas Santa Marta Godeval de Adegas Godeval. Na categoría de “prata” foron galardoadas as referencias Quinta da Peza Godello de Quinta da Peza S.L. e Viñaredo Sousón de Adegas Santa Marta.

Finalmente, a semana completouse cun recoñecemento no Challenge International du Vin celebrado en Bordeus (Francia), que distinguiu cunha Medalla de Ouro ao Mil Ríos Godello Barrica 2017 de Adega Terriña.

Artigos relacionados

Back to top button