ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Sementando o galego”, nas Letras Galegas da Rebusca en Manzaneda

Cun xesto moi agarimoso e orixinal os máis pequenos festexaban as Letras Galegas en Manzaneda o 17 de maio. “Sementaban o galego” nun anaquiño do xardín do exterior do local social da Rebusca. Sobre a terra, colocaban cartolinas de cores con palabras en galego e mesmo algún debuxo. Ruliña, bolboreta, ledicia, Galicia ou xoaniña eran algunhas delas.

Para conmemorar esta data tan significativa, dende a Asociación Cultural A Rebusca organizaban un programa de actividades que incluía un xantar popular, seguido de obradoiros infantís. Non faltaba tampouco a música tradicional. E, finalmente, estaba prevista para esta tarde unha obra de teatro. Brais das Hortas porá en escena no local da Rebusca a peza “O avó sae da maleta”.

Estes actos das Letras Galegas serán organizados pola Asociación Cultural A Rebusca en colaboración co Concello de Manzaneda.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural A Rebusca de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button