CulturaCulturaÚltima hora

SEO/BirdLife marca 81 aves con emisores de seguimento remoto

En Galicia marcáronse 5 aves dentro do programa Migra para coñecer o seu desprazamento a longo do 2014
Milano real.
Milano real.
Cegoña con emisor SEO/BirdLife.
Cegoña con emisor SEO/BirdLife.

Que os milanos reais que veñen pasar o inverno a España tardan uns 10 días en volver ás súas zonas de cría en Centroeuropa, ou que a maioría das cegoñas brancas adultas quedan a invernar en España, son datos que se poden saber grazas ao marcado de aves con dispositivos de seguimento remoto. Datos, que nos últimos anos aporta o programa Migra, desenvolvido por SEO/BirdLife (Sociedad Española de Ornitología) co apoio de Fundación Iberdrola, para coñecer os desprazamentos, rutas migratorias, áreas de invernada e movementos dispersivos de tódalas especies de aves presentes en España.

A información deste programa está dispoñible na páxina web www.migraciondeaves.org que acumula máis de medio millón de localizacións de 244 exemplares de 23 especies de aves. Así, quen o desexe ten acceso ás proezas que realizan estos seres alados, como un xove milano real voando máis de 6.000 quilómetros en nove meses; un birro común invernando en Zanzíbar; ou unha golondrina común que migra 3.500 quilómetros en 30 días.

Neste ano 2014 o programa Migra de SEO/BirdLife continuou coa marcaxe de 81 aves: aguias calzadas, milanos reais, cegoñas brancas, buitres negros, mouchos de orellas europeos e birros comúns por toda a xeografía española, 5 deles en Galicia (1 aguia calzada, 2 mouchos de orellas e 2 cegoñas brancas). Os máis grandes son marcados con dispositivos que levan GPS, mentres que os máis pequeños levan xeolocalizadores de tan só 0,6 gramos de peso.

Artigos relacionados

Back to top button