En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Serra da Enciña da Lastra, paisaxe mediterránea única en Galicia

Este parque natural, o único valdeorrés, celebraba unha xornada de portas abertas con motivo do Día Europeo dos Parques

Destaca polos seus valores naturais, pero tamén patrimoniais e arqueolóxicos. A Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) é o máis novo dos seis parques naturais de Galicia. Declarouse como tal en maio de 2002 e presenta unha paisaxe mediterránea única en Galicia, cunha sorprende rede de “palas” ou covas. É tamén é o parque máis pequeno dos tres emprazados na provincia de Ourense (Xurés e O Invernadeiro), con máis de 3.150 hectáreas e con 45 quilómetros de sendeiros repartidos en 10 rutas (algunhas delas temáticas) e 24 áreas de descanso e miradoiros.

Con motivo da celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, o 24 de maio, celebraba unha xornada de portas abertas a residentes da zona e visitantes no seu Centro de interpretación de Biobra, coa entrega de diversa documentación e onde se proxectaba un audiovisual sobre este espazo natural, xunto cunha charla salientando os seus valores naturais, pero tamén arqueolóxicos e histórico-artísticos, como o espectacular tramo da Via XVIII romana, que unía Braga con Astorga, ademais de diversos castros, algunha mámao e multitude de elementos etnográficos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button