ConcellosEntroido 2021Galerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

Servizos Sociais de Viana e o CIM lanzan a campaña “#salvemosascomadres” nas redes

 

Con motivo da celebración neste 11 de febreiro do Xoves das Comadres, as traballadoras do Concello de Viana do Bolo quixeron celebrar “este importante día para todas as mulleres vianesas acudindo disfrazadas a traballar”.

Ademais, baixo o hashtag #salvemosascomadres, dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM) queren impulsar “unha pequena e improvisada campaña a través das nosas redes sociais, e que as mulleres vianesas que o desexen colguen o seu vídeo ou foto disfrazadas e baixo o lema #salvemosascomadres”.

Con esta iniciativa pretende que “esta situación tan atípica e penosa que estamos a vivir por mor da pandemia non nós impida conmemorar este día e gozar da nosa máis importante e antiga tradición que é o Entroido”.

Fotos cedidas polo CIM do Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button