Dobre cita en La Maltería na vindeira fin de semana. O venres 16 de setembro neste establecemento barquense de hostalaría está prevista unha nova sesión de Bartender Gin Tonic Premium a partires das 23:30h. E, ao día seguinte, sábado 17, este local, situado na céntrica praza Andrés de Prada, será escenario dun concerto do grupo En Mala Hora. Esta banda fai versións de temas do pop e rock nacional e internacional. Está formado por Toño Varela (voz e guitarra), David Quintas (guitarra e voces), David Cid (baixo e voces) e Miguel Failde (batería).