ConcellosÚltima horaVilamartín

Sesión formativa sobre o uso de caixeiros, en Vilamartín de Valdeorras

A xornada enmárcase no plan de capacitación de persoas maiores de ABANCA, en colaboración con Cruz Vermella Valdeorras

 

No marco do plan de capacitación de persoas maiores de ABANCA, na tarde deste martes 26 de outubro celebrábase unha acción formativa en Vilamartín de Valdeorras, impartida en colaboración con Cruz Vermella Valdeorras.

No que vai de ano, na terceira edición do programa realizáronse 57 xornadas de formación en diferentes puntos da xeografía galega. No caso de Vilamartín tiña lugar no Centro Vía Nova onde se deron cita unha decena de persoas atendidas polo formador Marcos Patricio e polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense Mateo Alonso.

A actividade, titulada ‘Caixeiros e prevención de fraude e ciber seguridade’ centrouse no uso de caixeiros de forma segura e fácil, estruturada en dúas partes, unha teórica e outra práctica, co fin de ofrecer aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e mostrarlles o sinxelo que resulta facer esas xestións a través dunha demostración no propio dispositivo. Tamén se lles facilitaron consellos básicos de seguridade, sobre banca móbil resolvéndose todas as dúbidas expostas.

 

 

De forma complementaria, todos os participantes recibiron un manual sinxelo que recolle toda a información ofrecida durante a sesión para que poidan tela a man e consultala en calquera momento.

Tal como explican dende ABANCA, este plan de formación e capacitación dixital forma parte do seu programa de educación financeira e ten como obxectivo “mellorar a inclusión financeira da poboación que vive en contornas rurais”. Nas dúas primeiras edicións do programa, en 2022 e 2023, realizáronse en total 114 accións formativas nas que participaron preto de 1.200 persoas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button