CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sesión vermú coa Banda de Música Candea o día da Asunción en Viana do Bolo

 

Un ano máis a Banda de Música Candea amenizaba a sesión vermú dun dos días grandes das festas patronais en Viana do Bolo. O 15 de agosto e nunha concorrida praza Maior, a banda, formada por instrumentistas de diferentes idades, poñía son e ritmo ao mediodía do día da Asunción.

Despois da procesión e misa na honra á Virxe, veciños e visitantes de Viana achegábanse ata a céntrica praza para asistir e aplaudir a actuación da banda que ofreceu un variado e festivo repertorio.

 

Praza Maior de Viana coa torre do castelo ao fondo.

 

As Asociación Candea, no seu caso o grupo de teatro, volverá actuar o mércores 17 de agosto (21 horas) na Casa da Cultura, poñendo en escena a obra ‘Pacientes impacientes’. Dous días despois, o venres 19 de agosto, levarán a mesma obra ata a praza da Veiga onde actuarán a partir das 22:30 horas.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button