CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Sesión vermú con C.T. Powell & The Bluedays no V Ciclo Terrasón, no Barco

 

Iniciado o mes de agosto, o verán cultural do Barco de Valdeorras continúa co V Terrasón, dan man dun animado concerto de blues celebrado mediodía deste domingo día 4 no paseo do Malecón.

 

 

Á hora do vermú, mentres o público desfrutaba dun aperitivo nas terrazas, comezaba o concerto de The Bluedays acompañando á indiscutible voz de C.T. Powell (nome artístico baixo o que se presenta Ciara Thornton–Powell), que mestura o mellor de Irlanda e o mellor de Chicago.

A seguinte cita co Terrasón 2024 será o venres 9 de agosto na praza do Concello con Caldo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button