CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sesión vermú con Mrs. Fine no JamFest de AMAVA, no Barco

 

A Feira de Produtos Tradicionais 2024 que vén de abrir as portas no Barco de Valdeorras coincide no espazo co JamFest de AMAVA. Trátase dun festival musical organizado pola Asociación de Música Alternativa de Valdeorras en colaboración co Concello do Barco, que conta con sesión vermú e noite de rock con oito grupos locais: Mrs. Fine, Notazul, Nemrock, El Patio de Leni, Navegando a Barlovento, Fendetestas, Seika ou No-Time.

 

 

A programación comezaba no mediodía deste sábado 7 de setembro cunha sesión vermú amenizada por Mrs. Fine en directo. E xa a partir das 20 horas, as bandas da asociación encetarán unha longa noite de rock.

Fotos e vídeo: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button