CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Sesión vermú con Os d’Abaixo, na praza da Estación da Rúa

O concerto da banda folk enmárcase no Ciclo 'Xacobeo no Interior'

 

Con música. Así se pechaban, no mediodía deste domingo 10 de xullo, as festas de San Cristóbal na Rúa, cunha sesión vermú na praza da Estación, a cargo de Os d’Abaixo, dentro do Ciclo ‘Xacobeo no Interior’ da Xunta de Galicia.

Esta banda folk fórmase no ano 2010 con músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era en realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade, aínda que a aceptación foi tal, que comezaron a virar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra, chegando no 2020 a celebrar os 10 anos nos palcos no seu mellor momento artístico.

Hoxe, baixo un sol de xustiza, Os d’Abaixo presentaron na Rúa o seu último disco Somos a pedra, que volve xuntar a súa particular reinterpretación da tradición con temas de composición propia.

 

 

Fotos e vídeo Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button