CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sete agrupacións participarán na Foliada e Cantos de Taberna da XXII Festa do Botelo do Barco

Será o 20 de xaneiro de 19 a 22:30 horas por oito establecementos hostaleiros

As Macizas Centrais na pasada edición da festa no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A música tampouco faltará na XXII Festa do Botelo que se celebrará o sábado 20 de xaneiro, da man dunha nova edición da Foliada e Cantos de taberna que reunirá a sete agrupacións.

Corenta e Chinco Boys, Os do Venres, Os Somontanos, As Macizas Centrais, Pábdega, Abertal e Os Trabazos, serán os encargados do pasarrúas dende o Teatro Lauro Olmo despois do pregón (13:30h.) ata o pavillón de Calabagueiros onde terá lugar o xantar e tamén da foliada entre 19 e as 22:30 horas nos bares entre o Casco Vello e o Malecón.

 

Artigos relacionados

Back to top button