O encoro de Verducido (Pontevedra) convertíase a pasada fin de semana en escenario do campionato galego de piragüismo de inverno para as categorías júnior, sénior e máster, en embarcacións individuais, sobre unha distancia de 5.000 metros.
Na proba participaban un total de 546 padexeitos (396 homes e 150 mulleres), pertencentes a 42 clubs de piragüismo de toda Galicia. Entre os participantes estaban os clubs ourensáns de Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Fluvial O Barco, Escola Ourensá Municipal de Piragüismo e Fluvial Allariz.
Na citaba sobresaían os deportistas máster de todos os clubs, ademais destacaba o feito de que o título galego en categoría absoluta recaía no piragüista asturiano Miguel F. Castañón, que viste as cores do Club Fluvial Barco.
Dende a Delegación Ourensá da Federación Galega de Piragüismo destácase “a primeira medalla autonómica, na historia do piragüismo provincial, dun ourensán en deporte adaptado, neste caso Francisco González do Fluvial Avión-Castrelo de Miño que foi 3º na categoría Paracanoe KSº”.
Os resultados máis destacados de cada equipo foron os seguintes:
– Fluvial Barco
Sénior: Miguel Fdez. Castañón 1º
José Julián Becerro. 10º
Veterano 50/54 anos: Fernando G. Viso 3º
– Fluvial Avión-Castrelo de Miño.
Muller Veterana 45/49 anos: Mónica Piñeiro 1º
Muller Veterana 35/99 anos: Berta Rodríguez 3º
Paracanoe KS1: Francisco González 3º
– Escola Ourensá Municipal de Piragüismo
Muller veterana 40/44 anos: Rosa Fernández 3º (se adjunta foto del pódium)
Muller veterana 50/54 anos: Sonia Sánchez 3º (se adjunta foto del pódium)
Veterano 60/64 anos: Fernando Carbajal 4º
Veterano 45/49 anos: Raúl Piñeiro 4º
– Fluvial Allariz
Muller veterana 44/49 anos. Carmen Diez. 4º