DeportesPiraguismoÚltima hora

Sete podios para o Fluvial Barco na I Regata da Liga Provincial, en Barra de Miño

Na clasificación xerais por clubs vencía o Fluvial Avión, sendo o segundo posto para o Fluvial Allariz e o terceiro para a Escola Ourensá

 

O Fluvial Avión vén facerse coa vitoria na I Regata da liga Provincial de Ourense 2021 que se disputaba na mañá deste domingo no encoro de Velle, ao seu paso por Barra de Miño.

Na clasificación xeral por equipos o Club Fluvial Avión ocupou a primeira posición con 2837 puntos por diante do Club Fluvial Allariz que sumou 1769 puntos, sendo terceiro a Escola Ourensá con 920 puntos, segundo informa a Federación Galega de Piragüismo.

As distintas regatas deixaron como vencedores a Thiago Paz da Escola Ourensa e a Alma Barreiro do Fluvial Allariz na categoría Benjamín B, mentres que en Benxamin os gañadores foron Nicolás Andrés e Selma Prieto do Fluvial Avión. Nicolás Cobelas e Isabela Rodríguez tamén do equipo de Avión levaban o ouro en prebenxamín.

A categoría Alevín B terminaba coas vitorias de Aarón Visto do Fluvial Avión e Aldara Vila do Fluvial Allariz. Borja Feijóo do Avión e Inés Arias conseguían o ouro en Alevín A.

Lucas Chao do Escola Ourensá e Carlota Díaz do Fluvial O Barco facíanse co triunfo en Infantil B. Mentres que en infantil A Daniel Núñez e Caldelas Fernández do Fluvial O Barco gañaron en K1. A vitoria en C1 sería para Anxo Otero do Fluvial Avión.

Por último, os padexeiros do Fluvial O Barco Nicolás Díaz e Paula Paradelo venceron en cadetes. Ademais en prebenxamín Alexis Moldes e Gisela Rodríguez, tamén do Fluvial Barco, eran segundos.

Artigos relacionados

Back to top button