CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Sete xogadores da base do CD Rúa, convocados pola Selección Ourensá de Fútbol

 

Moi orgullosos están no CD Rúa da súa base, e non é para menos. Un total de sete xogadores eran convocados pola Selección Ourensá de Fútbol de diferentes categorías, para participar na Primera Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

 

 

Na categoría Sub11 masculina foron seleccionados Unai Núñez dos Santos e Alexis Núñez Moldes; na Sub13 masculina, Jose Hervella Álvarez e Andy Paradelo Blanco (CD Rúa B) e Adrián Anta Rodríguez (CD Rúa A); e na Sub14 feminina, Iris Acevedo Blanco (CD Rúa A) e Isabel Delgado García (CD Rúa B).

 

 

Todos eles deberán personarse no lugar e data indicados. No caso das categorías Sub13 e Sub14 será o luns 12 de febreiro no campo municipal Sampaio de Refoxos (CEE). Con respecto á categoría Sub11 o lugar da convocatoria é o campo municipal O Conco (Dumbría) o martes 13 de febreiro.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button