Os socios da Sociedade Casino do Barco, que preside Pablo Dobao, xa dispoñen dos seus novos carnés. Recibíanos nun acto celebrado o 13 de setembro, véspera do día Cristo, na sede desta entidade. No seu decurso había unha degustación e vivíase unha tarde festiva coa animada actuación musical de Sito Trío.
Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos deste acto co que o novo equipo do Casino, que asumía os cargos hai seis meses, se reencontraba cos seus socios.
Fotos cedidas.