OurenseÚltima hora

Situación 2 no incendio de Laza pola cercanía do lume a Taboazas (Chandrexa de Queixa)

Incendio de Camba (Laza)./ Imaxe: @Brif Laza.

 

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar a declaración da Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba. Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa.

Este lume iniciouse ás 22,01 h. de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 740 hectáreas. No lugar levan traballado ata agora un total de 11 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 2 avións e 3 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button