ConcellosO BarcoÚltima hora

Sobe a taxa de abastecemento e rede de sumidoiros no Barco

Así se acordaba na reunión do Consorcio de Valdeorras, celebrada hoxe, na que tamén se decidía actualizar as tarifas de depuración nos 9 municipios da entidade

Estrada xeral que cruza a vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Os veciños do Barco pagarán máis polo servizo de abastecemento e rede de sumidoiros. Así se acordaba na reunión que celebraba esta mañá o Consorcio de Augas de Valdeorras. As tarifas permanecían sen cambios desde o ano 2012, momento no que comezou a traballar o consorcio en substitución da concesionaria de augas do municipio.

“Transcorridos once anos e tendo en conta que normativa vixente obriga a equilibrar o custo dos servizos e taxas, a actualización das tarifas suporá para o 92 % dos abonados, que son de tipo doméstico, unha suba que apenas alcanzará os 3 euros cada tres meses”, segundo vén de informar o consorcio, do que forman parte os 9 concellos da comarca de Valdeorras.

No tocante ao servizo de depuración, prestado nos nove municipios do consorcio, a revisión das tarifas, que non experimentaron cambios nos últimos tres anos, teñen en conta tamén o impacto dos custos enerxéticos na xestión e tratamento das augas residuais. Así, a actualización proposta significará apenas 2 euros máis no recibo trimestral para a inmensa maioría de abonados, segundo informa a entidade.

Na revisión de todas as tarifas tamén se tivo en conta a entrada en vigor, en 2023, de toda una serie de normativas que aumentan as análises e os parámetros que se deben alcanzar nas augas para conseguir una determinada calidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button