
Seguen subindo as cifras do coronavirus na provincia. Así, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, na xornada deste sábado 10 de outubro hai 1.474 casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,123 máis que onte. Dese conxunto de pacientes, 55 están ingresados en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos. Os 1.409 restantes permanecen a seguemento a domicilio.
O Hospital Universitario de Ourense rexistra 45 ingresos en planta e 9 en UCI, mentres que no Hospital de Verín son 8 os ingresos en planta. O Hospital de Valdeorras conta con 2 ingresados en planta. Ademais o Centro Médico El Carmen continúa con 1 paciente en UCI.
O total de contaxiados por Covid rexistrados na provincia ascende a 4.660, con 3.020 curados e 166 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia 70.245 probas PCR, con 191 positivos detectados nas últimas 24 horas. Tamén se levan realizado 59.641 probas serolóxicas.