En portadaÚltima hora

Soben a 10 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

O Hospital Público de Valdeorras rexistra 10 hospitalizacións en planta por Covid (unha máis que onte), segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 17 de novembro. O Hospital de Verín baixa a 4 (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 64 (3 menos que onte) en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

Ademais segue a diminuír a cifra de casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, con 749 casos (32 menos que onte), segundo os últimos datos comunicados pola Consellería de Sanidade. Tamén baixan as hospitalizacións en planta con 78 (4 menos que onte)  e 10 (as mesmas que onte) na UCI. Sen embargo, apréciase un ascenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 33 (fronte aos 26 de onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.208, con 6.186 curados e 272 falecidos (o último no Hospital de Valdeorras). Polo de agora lévanse realizado 107.792 probas PCR.

9.051 casos en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.051, deles 1.876 son da área da Coruña, 1.100 da de Lugo, 749 da de Ourense, 1.254 da de Pontevedra, 2.317 da área de Vigo, 1.006 da de Santiago, e 749 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 102 están en UCI, 476 en unidades de hospitalización e 8.473 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 36.586 persoas curadas, rexistrándose 1.092 falecementos. O número de PCR realizadas é de 819.277.

Artigos relacionados

Back to top button