En portadaÚltima hora

Soben a 134 os casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras

Vista panorámica de Vilamartín de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de ascenso nos casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 134, o que supón 21 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 14 de xullo.

No Barco son 112 os positivos, o que supón un ascenso de 16 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos en Carballeda que pasa de 1 a 3; e en Vilamartín que suma 7, dous máis que onte. Ademais, Petín entra no listado de concellos con Covid, con 1 caso activo.

No resto de concellos da comarca mantéñense as cifras de onte. Rubiá ten 5 positivos, A Rúa 4 e A Veiga 2. O resto non rexistra ningún positivo.

Artigos relacionados

Back to top button