En portadaÚltima hora

Soben a 191 os casos activos de Covid en Valdeorras, 8 máis que onte

Vía central da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras unha xornada de estabilidade, volven repuntar, aínda que lixeiramente, os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Así, neste xoves 10 de marzo a comarca rexistra 191 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), 8 máis que onte, segundo as cifras feitas públicas pola Consellería de Sanidade.

Soben lixeiramente os contaxios no Barco con 63 positivos (1 máis que onte), en Petín con 9 (3 máis que onte), na Rúa que conta con 72 (2 máis que onte), en Rubiá con 7 (1 máis que onte) e en Vilamartín con 8 (2 máis que onte). Por contra, os casos activos baixan en Carballeda de Valdeorras con 19 (1 menos que onte). Ademais mantéñense os datos no Bolo con 3 casos activos, Larouco con 6 e A Veiga con 4, a mesma cifra que onte.

Tamén soben os ingresos no Hospital Público de Valdeorras que nesta xornada rexistra 5 hospitalizacións en planta por coronavirus, dous máis que onte, segundo os datos do Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button