ConcellosEn portadaÚltima hora

Soben a 348 os casos activos de Covid en Valdeorras, 20 máis que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Unha xornada mantense á tendencia á alza nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca suma un total de 348 positivos (datos da Consellería de Sanidade actualizados ás 18h. de onte), o que supón 20 máis que onte.

Os casos activos aumentan en practicamente todos os concellos. O Barco rexistra 127 (13 máis que onte), o Bolo ten 8 (1 máis que onte), Carballeda de Valdeorras ten 12 (1 máis que onte), Larouco ten 3 (2 máis que onte), Petín ten 8 (1 máis que onte) e A Rúa ten 82 (3 máis que onte). Por contra, hoxe baixan lixeiramente en Vilamartín que ten 89 (1 menos que onte).

As cifras mantéñense igual que onte en Rubiá que segue con 14 e na Veiga con 5 positivos.

No que atinxe aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 14 ingresos en planta por Covid, os mesmos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button