En portadaÚltima hora

Soben a 4 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 1 máis que onte

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen subindo os ingresos por Covid-19 no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os datos feitos públicos na mañá deste 19 de agosto pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), o hospital do Barco rexistra 4 ingresos en planta por coronavirus, 1 máis que onte.

Tamén soben os ingresos en planta no Hospital Universitario de Ourense que na xornada de hoxe rexistra 21, tres máis que onte, aínda que baixan na UCI con 6, dous menos que onte. No Hospital de Verín hai 4 ingresos en planta, o mesmo número que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button